Saltar ao contido principal

VARIADO

Bolsa con asas algodón orgánico



Produtos en memoria da catástrofe do Prestige.
Non podemos esquecer!
Nunca Máis Prestige's

No ano 2012 cumpríronse 10 desde que sucedera a catástrofe do Prestige, catástrofe que evidenciou unha vez máis que este país necesita decidir por sí mesmo para poder ter nas súas mans que non volvan pasar cousas como as que aconteceron aquel mes de novembro de 2002. Rememoramos, con esta serie de produtos, o movemento social que se derivou do afundimento daquel petroleiro, pedindo que non volva haber nunca máis Prestige's. Paraugas, bolsos e pósters conmemorativos, para non esquecer, para que non recunquemos. 


------
Se queredes pedir algún destes produtos, pasade pola área de pedidos, onde vos explicamos os pasos a seguir para facer a vosa encomenda.

Paraugas Nunca Máis Prestige's
Cores: verde oliva e granate.


Prezo: 7 euros.
Bolso bandoleira Nunca Máis Prestige's
Cores: amarelo, marrón e laranxa.
Prezo: 5 euros.




Póster Núnca Máis Prestige's
Prezo: 3 euros esgotado!



Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

BOAS FESTAS!

BELÉN, ANO CERO
Xuntéi o vento frío coa auga-neve,
xuntéi a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.
Qué misterio máis fondo, qué aventura:
O neno non quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.
Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.
Por algo os pastoriños se achegaron.
E si o vento pasou tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.
Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.
Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas máus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo.
Xuntéi tódolos orfos nun só berce,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofrenda nun pesebre.
¿Quén foi o que roubou o meu presente?
-Celso E. Ferreiro-

7ª edición -en feminino- do concurso de micro-relatos OZOCOgz

Xa está en marcha a 7ª edición do noso concurso de micro-relatos. 
Para ires recibindo información puntual do concurso podes seguilo dende o evento creado en facebook:

https://www.facebook.com/events/535003687021466/

Este ano o xurado de honra está formado por:

Ana Cabaleiro


Cruz Martínez



Tamara Andrés



e Lucía Rodríguez, gañadora da anterior edición do concurso  

Colaboran:
Aparthotel Arenteiro co obsequio do 1º premio


A Deputación de Ourense co obsequio do lote de libros
e as librarías que completan o xurado do concurso:

Escolma, do Carballiño
Miranda, de Bueu

Andel, de Vigo