Saltar ao contido principal

A Nena

OZOCOgz xunto con Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz", veñen de iniciar unha colaboración pola cal vos ofertamos unha preciosa camisola cun deseño "fusión" dos dous proxectos, en talles desde 5/6 até 11/12, en tres cores distintas, serigrafadas por diante e por trás (premede na imaxe para ampliala).



CAMISOLA DA NENA, modelo para nenas e nenos.
Cores: negraverde pistacho e rosetón.
Talles 5-6, 7-8, 9-10, e 11-12.

http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=18&controller=product
 




A camisola venderase conxunta ou separadamente do libro, á vosa escolla, e poderedes mercala a través das canles habituais e nas nosas librarías colaboradoras. O prezo da camisola só é de 15 euros, mentres que se mercades o pack de camiseta e libro valerá 31 euros, non sendo que a merquedes a través do facebook ou email (ozocogz@gmail.com), xa que o prezo será de 30 euros (máis gastos de envío, en caso de ser necesario)

Agardamos que vos guste!





Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas: lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia... prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política... monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía...   música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais... xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora... OBXECTIVO DO XOGO Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego,   respondendo atinadamente o maior número de cuestións. DESTINATARIOS/AS DO XOGO TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñeceme

Celebramos o 1º aniversario da nosa tenda física. Esperámoste!

 

TI NON ES DE AQUÍ? Xúnior, continúa a saga!

Acaba de nacer a versión infantil do TI NON ES DE AQUÍ? , o TI NON ES DE AQUÍ ? edición Xúnior , un xogo amplamente demandado, sobre todo entre o sector do ensino, no que -debemos subliñalo e agradecelo- a versión para adultos do xogo tivo e segue a ter unha acollida fantástica. Vexamos con detemento en que consiste a versión para crianzas: Ti non es de aquí? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo. CONTIDO A c