Saltar ao contido principal

Micro-relatos gañadores da 8ª edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz

Feliz Día das Letras Galegas 2020!

Xa temos relatos gañador e finalista da 8ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz.

Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultaron gañador e finalista os seguintes relatos:
1º premio e gañador dun xogo de mesa Ti non es de aquí?, de OZOCOgz e dun vale, obsequio de Parrillada San Andrés do Carballiño por un Menú Nós somos de aquí! (xantar ou cea) para dúas persoas, consistente en diferentes elaboracións de polbo xunto coa especialidade da casa, o churrasco San Andrés, para o micro-relato ELA, SONHA NAS RAMAS DO BAOBAB, presentado co seudónimo Addae Abara, baixo o que se agochaba o nome Cruz Martínez.

Finalista e gañadora dun agasallo de OZOCOgz e un lote de libros doado pola asociación Tangaraño Cultural, de Sobradelo (Xunqueira de Ambía), o micro-relato DE OLHOS FECHADOS, presentado co seudónimo LOAIRA, baixo o que se agochaba o nome de Catarina Cortizas Leira.

Parabéns ás gañadoras!!!!!
*******************************************************
MICRO-RELATO GAÑADOR:
ELA, SONHA COM AS RAMAS DO BAOBAB
Por: Addae Abara

A sua pele tem o matiz azulado da hipotermia. Os seus lábios prendem o seno da mãe quase inerte, insere-se no coração de leite, ainda morno.
Ela, sonha com as ramas do baobab e o pranto molha o retrato amado de Namíbia. Vão embora,afundem-se nas águas do oceano, baixo as puas assassinas da intolerância.
E o menino Jasir dorme, apegado no colostro da vinculação exata.

*****

MICRO-RELATO FINALISTA:
DE OLHOS FECHADOS
Por: Loaira

Fechou os olhos e a melodia do mundo deixou de soar por uns instantes. A bola arrebolava pela relva enquanto ela tentava marcar um golo numa meta imaginária.
Piscou os olhos. Apanhou uma corda e começou a saltar: um, dois, três… até treze! Nova marca! E a felicidade pousou-se por um segundo na sua cara.
Um novo pestanejo. Segurou forte a mão da sua avó e foram até a horta. Ainda havia um pedaço fértil que trabalhar, adorava lavrar a terra.
Agitou as pálpebras. Correu até a lareira onde o resto da família estava reunida contando estórias. No forno quente cozia o pão, e esse cheiro encheu-lhe a boca de sustento.
Descolou os olhos e o silêncio desapareceu, voltou a soar a partitura da guerra. Na verdade, nascera onde a infância só existe de olhos fechados.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

HABEMUS TENDA!

HABEMUS TENDA!

Si, efectivamente, após estes anos de traballo OZOCOgz dá un pasiño máis e abre tenda "física" cos produtos máis ozoqueiros do mundo.

Como non podía ser doutro xeito abrimos no Carballiño, na nosa vila e, quen sabe? Igual co tempo continuamos na túa vila. Por ganas e ilusión non vai quedar.

Na tenda OZOCOgz deseño galego poderás atopar, ademais e por suposto das nosas creacións, instrumentos tradicionais, arte, artesanía, bixutaría, zocos e música independente galega entre outras cousas, coas que nos une o interese por traballar en "clave" Galiza.

A tenda está na rúa Curros Enríquez número 29, nunha das zonas peonís da vila.

Agardámoste!


8ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz

Máis un ano poñemos en circulación o noso concurso literario. Podedes ir pensando nun bo relato, desta volta sobre a infancia e, dende o 10 de febreiro até o 30 de abril mandalo.
A temática titulámola INFANCIA. O xurado deste ano está formado pola escritora Berta Dávila, os escritores Celso Sanmartín e Adolfo Caamaño, a (tamén escritora, obviamente) Concha López, e as librarías Cartabón, Escolma, Miranda e Pedreira.
A participación, como todos os anos é a través de facebook.
Este é o evento creado para o concurso: 8 concurso micro-relatos OZOCOgz

BASES 8º concurso micro-relatos OZOCOgz 1. Os micro-relatos deberán estar escritos en lingua galega, podendo empregarse calquera das normativas. Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados en ningún outro concurso ou certame literario. Os autores/as serán responsábeis tanto da autenticidade dos textos como dos seus propios datos. 2. A temática leva como título xenérico INFANCIA. A infancia, a nenez, ese período de tempo que f…