Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Micro-relatos gañadores da 8ª edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz

Feliz Día das Letras Galegas 2020! Xa temos relatos gañador e finalista da 8ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz. Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultaron gañador e finalista os seguintes relatos:
1º premio e gañador dun xogo de mesa Ti non es de aquí?, de OZOCOgz e dun vale, obsequio de Parrillada San Andrés do Carballiño por un Menú Nós somos de aquí! (xantar ou cea) para dúas persoas, consistente en diferentes elaboracións de polbo xunto coa especialidade da casa, o churrasco San Andrés, para o micro-relato ELA, SONHA NAS RAMAS DO BAOBAB, presentado co seudónimo Addae Abara, baixo o que se agochaba o nome Cruz Martínez. Finalista e gañadora dun agasallo de OZOCOgz e un lote de libros doado pola asociación Tangaraño Cultural, de Sobradelo (Xunqueira de Ambía), o mic…