#QuedaNaCasa #FicaEmCasa #MoitoÁnimo
Prezada/o cliente.
O impacto da pandemia do COVID-19 estanos creando a todas e todos altas doses de dúbidas e incertezas que teñen a ver, sobre todo, coa saúde mais tamén co futuro por non sabermos con seguridade cando a normalidade se poderá ir (re)instalando nas nosas vidas.
En OZOCOgz temos moi claro que a nosa prioridade é a saúde das nosas consumidoras e consumidores, máis iso non quita que te teñas que ver obrigada/o a prescindir dos nosos produtos. Mentres a nosa tenda física permanece pechada, coa nosa loxa en liña seguimos a teu carón. Como ben sabes, ademais do téxtil -camisolas, suadoiros, etc-, co que nos demos a coñecer, temos una serie de produtos destinados ao ocio cos que poderás facer máis levadeiras as horas de confinamento túas e dos teus. Xogos de mesa, libros, música e todo o noso catálogo (propio e doutras casas coas que traballamos) están ao teu dispor para, a simple premer de rato, poderes /poderdes recibilos no teu fogar coa garantía de sempre.
Co fin de facer máis doada a estadía forzosa das crianzas na casa, e mentres duren as ordes de confinamento, temos unha oferta especial do xogo de mesa TI NON ES DE AQUÍ? XÚNIOR. Podes adquirilo cun 10% de desconto a respecto do seu precio normal.
Se aínda non coñeces o xogo recomendámosche que premas na seguinte imaxe:
Lembrámosche tamén que o próximo domingo 3 de maio é o Día da Nai, no noso catálogo tes moitas ideas para agasallar a quen tanto fixo e tanto fai por ti, máis se cabe, nestes tempos difíciles onde, probabelmente, o seu pensar constante nos demais che está a facer máis levadeiro o estares pechada/o na casa. Ademais dos produtos que podes ver na tenda en liña iremos amosándovos nas redes sociais unha ampla gama de artesanía destinada, sobre todo a muller, cuxos prezos e xeito de pedila vos poderemos informar por correo electrónico ou por calquera dos medios privados ao noso alcance (mensaxaría de facebook, whatsapp, etc).
Por último, mais non por iso menos importante, lémbroche que aínda está aberto o prazo para participar na 8ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz. Este ano o tema é a infancia con todas as posibilidades que unha temática tan ampla ofrece para a imaxinación. Tes tempo até o 30 de abril (durante todo o día) para facernos chegar o teu relato.
Mais nada, simplemente dicirche que os nosos corazóns están contigo e, sobre todo, cos afectados e afectadas directamente pola enfermidade. Volveremos botar os zocos andar, pisando máis forte ca nunca. Pronto, estamos seguros, nos veremos onde queiras, na nosa tenda, nos festivais, nas feiras onde nos acostumabas atopar. P
Por iso, agora, máis ca nunca, para que iso aconteza moi pronto, moito ánimo e QUEDA NA CASA!
Prezada/o cliente.
O impacto da pandemia do COVID-19 estanos creando a todas e todos altas doses de dúbidas e incertezas que teñen a ver, sobre todo, coa saúde mais tamén co futuro por non sabermos con seguridade cando a normalidade se poderá ir (re)instalando nas nosas vidas.
En OZOCOgz temos moi claro que a nosa prioridade é a saúde das nosas consumidoras e consumidores, máis iso non quita que te teñas que ver obrigada/o a prescindir dos nosos produtos. Mentres a nosa tenda física permanece pechada, coa nosa loxa en liña seguimos a teu carón. Como ben sabes, ademais do téxtil -camisolas, suadoiros, etc-, co que nos demos a coñecer, temos una serie de produtos destinados ao ocio cos que poderás facer máis levadeiras as horas de confinamento túas e dos teus. Xogos de mesa, libros, música e todo o noso catálogo (propio e doutras casas coas que traballamos) están ao teu dispor para, a simple premer de rato, poderes /poderdes recibilos no teu fogar coa garantía de sempre.
- ozocogz-atenda.com -
Mentres dure este período todos os pedidos serán enviados por mensaxeiro para evitar que teñas que desprazarte á oficina de correos e garantir que os recibes no teu domicilio ou no de a quen vaian destinados.Co fin de facer máis doada a estadía forzosa das crianzas na casa, e mentres duren as ordes de confinamento, temos unha oferta especial do xogo de mesa TI NON ES DE AQUÍ? XÚNIOR. Podes adquirilo cun 10% de desconto a respecto do seu precio normal.
Se aínda non coñeces o xogo recomendámosche que premas na seguinte imaxe:
Lembrámosche tamén que o próximo domingo 3 de maio é o Día da Nai, no noso catálogo tes moitas ideas para agasallar a quen tanto fixo e tanto fai por ti, máis se cabe, nestes tempos difíciles onde, probabelmente, o seu pensar constante nos demais che está a facer máis levadeiro o estares pechada/o na casa. Ademais dos produtos que podes ver na tenda en liña iremos amosándovos nas redes sociais unha ampla gama de artesanía destinada, sobre todo a muller, cuxos prezos e xeito de pedila vos poderemos informar por correo electrónico ou por calquera dos medios privados ao noso alcance (mensaxaría de facebook, whatsapp, etc).
Por último, mais non por iso menos importante, lémbroche que aínda está aberto o prazo para participar na 8ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz. Este ano o tema é a infancia con todas as posibilidades que unha temática tan ampla ofrece para a imaxinación. Tes tempo até o 30 de abril (durante todo o día) para facernos chegar o teu relato.
Mais nada, simplemente dicirche que os nosos corazóns están contigo e, sobre todo, cos afectados e afectadas directamente pola enfermidade. Volveremos botar os zocos andar, pisando máis forte ca nunca. Pronto, estamos seguros, nos veremos onde queiras, na nosa tenda, nos festivais, nas feiras onde nos acostumabas atopar. P
Por iso, agora, máis ca nunca, para que iso aconteza moi pronto, moito ánimo e QUEDA NA CASA!
Comentarios
Publicar un comentario