Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Pechamos a nosa tenda física temporalmente. Seguimos na nosa loxa en liña e nas redes

Por mor da incidencia do coronavirus, seguindo as indicacións das autoridades, tanto da Xunta de Galiza como do Goberno do estado, vémonos na obriga de pechar temporalmente a nosa tenda do Carballiño. Animamos a todo o mundo a que tamén as siga, é polo ben de tod@s e, canto antes poida ir baixando a incidencia do virus mellor nos irá, no económico e, o máis importante, no fisico.

Mentres tanto podedes seguir mercando a través da nosa tenda en liña* ozocogz-atenda.com
Tamén podes contactar connosco por calquera destas vías, para o que precisares (encargos, preguntas, etc.):
whatsapp: 600 876 196 correo electrónico: ozocogz@gmail.com facebook: https://www.facebook.com/desenho.galego/ instragram: https://www.instagram.com/ozocogz/ twitter: https://twitter.com/OZOCOgz

(*) Agás que por mor de todo isto non prohiban o traballo das empresas de mensaxaría.