Máis un ano poñemos en circulación o noso concurso literario. Podedes ir pensando nun bo relato, desta volta sobre a infancia e, dende o 10 de febreiro até o 30 de abril mandalo. A temática titulámola INFANCIA. O xurado deste ano está formado pola escritora Berta Dávila, os escritores Celso Sanmartín e Adolfo Caamaño, a (tamén escritora, obviamente) Concha López, e as librarías Cartabón, Escolma, Miranda e Pedreira. A participación, como todos os anos é a través de facebook. Este é o evento creado para o concurso: 8 concurso micro-relatos OZOCOgz BASES 8º concurso micro-relatos OZOCOgz 1. Os micro-relatos deberán estar escritos en lingua galega , podendo empregarse calquera das normativas. Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados en ningún outro concurso ou certame literario. Os autores/as serán responsábeis tanto da autenticidade dos textos como dos seus propios datos. 2. A temática leva como título xenérico INFANCIA . A infancia , a nenez, ese pe
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.