Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: December, 2019

Visita Virtual Tenda OZOCOgz DESEÑO GALEGO no Carballiño

Percorrido interactivo en 360 º pola tenda oficial de OZOCOgz deseño galego.

(Vídeo realizado por Spauria: https://www.youtube.com/channel/UCaHtcOuGvTNZ-KbbtOEpyHg)

Visítanos no Carballiño (Rúa Curros Enríquez, 29).
Goza xa desta experiencia no teu navegador e, se posúes unhas gafas de Realidade Virtual, mergúllate aínda máis na versión dixital do noso comercio.
OZOCOgz somos unha das marcas de deseño galego referente do País, centrados na fabricación e distribución de produtos de papelaría, xogos, textil entre outros 100% galegos.Despois do gran éxito acadado co xogo de mesa TI NON ES DE AQUÍ? e a liña téxtil de camisolas e suadoiros con deseños galegos, o seguinte paso foi abrir a primeira tenda física oficial de OZOCOgz deseño galego, onde ademais das nosas marcas, poderás atopar un amplo abano de produtos de artistas galegos, incluíndo traballos musicais, arte e artesanía.
Tenda oficial en liña: https://ozocogz-atenda.com
Website oficial: www.ozocogz.com

Música do víd…

HABEMUS TENDA!

HABEMUS TENDA!

Si, efectivamente, após estes anos de traballo OZOCOgz dá un pasiño máis e abre tenda "física" cos produtos máis ozoqueiros do mundo.

Como non podía ser doutro xeito abrimos no Carballiño, na nosa vila e, quen sabe? Igual co tempo continuamos na túa vila. Por ganas e ilusión non vai quedar.

Na tenda OZOCOgz deseño galego poderás atopar, ademais e por suposto das nosas creacións, instrumentos tradicionais, arte, artesanía, bixutaría, zocos e música independente galega entre outras cousas, coas que nos une o interese por traballar en "clave" Galiza.

A tenda está na rúa Curros Enríquez número 29, nunha das zonas peonís da vila.

Agardámoste!