Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

TI NON ES DE AQUÍ? chega á súa 3ª edición e xa se pode atopar en case medio cento de puntos de venda de Galiza.

TI NON ES DE AQUÍ? chega á súa 3ª edición e xa se pode atopar en case medio cento de puntos de venda de Galiza. O interese polo TI NON ES DE AQUÍ? non deixa de medrar. Diso dan fe os case 50 puntos de venda e unha terceira edición que xa se está a distribuír dende o mes de xullo deste ano. Xa se atopa dispoñíbel en todas as cidades (A Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía), e na maioría das grandes -e non tan grandes- vilas do noso País. Consulta os puntos de venda na seguinte ligazón: Tendas ozoqueiras Por suposto tamén o podes mercar, coma sempre, na loxa virtual de OZOCOgz, no seguinte enderezo: ozocogz-atenda.com Adianta xa as compras do Nadal, non vaias ficar sen el.