O sábado 15 de xuño (2019) entregamos os premios ás gañadoras da 7ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz.
Celebrouse o acto no ApartHotel Arenteiro da vila do Carballiño ao que asistiron máis de medio cento da amigas e amigos, que quixeron compartir con nós unha xornada dedicada á cultura e á reivindicación.
Os premios, como xa temos dito nesta mesma web, foron para:
Finalista e gañadora dun diploma e agasallo de OZOCOgz, un lote de libros e un obsequio artesanal feito polos usuarios de ASPADISI para Susana Villamor Prieto, polo micro-relato ADEUS MANUEL. Fixéronlle entrega dos agasallos a poeta Rochi Nóvoa, Fernando Miranda (librería Miranda de Bueu) e Roberto en nome de ASPADISI.
1º premio e gañadora dun diploma e agasallo de OZOCOgz, un vale por unha fin de semana no ApartHotel Arenteiro, un lote de libros e un obsequio artesanal feito polos usuarios de ASPADISI, para Concha López Fernández, polo micro-relato MULLER AZUL. Fixéronlle entrega dos agasallos un representante do ApartHotel Arenteiro, Marta Fdez. Alberte (Libraría Escolma do Carballiño) e Fran en nome de ASPADISI.
No acto, ademais do discurso de Eladino Cabanelas tivemos a sorte de contar coa música do saxofonista Alexandre Cabanelas e dos cantores Anxo Blas e Andrés Fernández.
Grazas a todas e todos os que dun xeito ou doutro facedes que este concurso siga a continuar no tempo.

![]() |
Actuación do saxofonista Alexandre Cabanelas |
![]() |
Andrés Fernández acompañado por Alexandre Cabanelas |
![]() |
Eladino Cabanelas lendo os nomes das gañadoras |
![]() |
Outro momento da actuación de Andrés e Alexandre |
![]() |
Anxo Blas cantando "A Fala" |
![]() |
De esq. a dta. Fernando Miranda, Rochi Nóvoa, Roberto, Susana Villamor e Eladino Cabanelas |
![]() |
De esq. a dta. Marta F. Alberte, o representate do ApartHotel Arenteiro, Fran, Concha López, Susana Villamor e Eladino |
![]() |
Susana Villamor lendo o seu micro-relato |
![]() |
Concha López lendo o micro-relato gañador |
![]() |
Foto de grupo |
![]() |
Eladino, Rochi e Reme, ao final do acto tomado un viño |
Comentarios
Publicar un comentario