Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2019

Entrega dos premios da 7ª edición do noso concurso literario. Unha xornada inesquencíbel!

O sábado 15 de xuño (2019) entregamos os premios ás gañadoras da 7ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz.

Celebrouse o acto no ApartHotel Arenteiro da vila do Carballiño ao que asistiron máis de medio cento da amigas e amigos, que quixeron compartir con nós unha xornada dedicada á cultura e á reivindicación.

Os premios, como xa temos dito nesta mesma web, foron para:

Finalista e gañadora dun diploma e agasallo de OZOCOgz, un lote de libros e un obsequio artesanal feito polos usuarios de ASPADISI para Susana Villamor Prieto, polo micro-relato ADEUS MANUEL. Fixéronlle entrega dos agasallos a poeta Rochi Nóvoa, Fernando Miranda (librería Miranda de Bueu) e Roberto en nome de ASPADISI.

1º premio e gañadora dun diploma e agasallo de OZOCOgz, un vale por unha fin de semana no ApartHotel Arenteiro, un lote de libros e un obsequio artesanal feito polos usuarios de ASPADISI, para Concha López Fernández, polo micro-relato MULLER AZUL. Fixéronlle entrega dos agasallos un representante do Apa…