OZOCOgz deseño galego, unha empresa galega 100%, na que apostamos con firmeza pola difusión da nosa cultura e da nosa lingua.
O ano que rematou sacamos á venda a nosa nova liña de traballo co xogo de mesa cultural - educativo, TI NON ES DE AQUÍ?, xogo ao que moitos medios de comunicación deron en chamar "o trivial galego". Temos que recoñecer que a acollida foi moi boa, por eses medios de comunicación e, o que é máis importante, polo público en xeral, acadando na CULTURGAL 2018 un número de vendas importantísimo. As librarías do país tamén se fixeron eco, sendo tamén neste caso, un dos agasallos máis escollidos o Nadal pasado.
Nas seguintes ligazóns pódese ver a acollida por parte de algúns deses medios de comunicación:
Se conseguimos interesarte/-vos no noso xogo, temos unha oferta especial para o teu Centro de Ensino.
Por tan só 29,90 € máis os custes de envío (o PVP na nosa tenda en liña ou en calquera das librarías é de 36,95 €) poderás adquirir o TI NON ES DE AQUÍ?
Ideal para aulas de lingua galega, historia, xeografía... e, por suposto, para a biblioteca escolar.
De estardes interesad@s, podedes facer a vosa encomenda no seguinte correo electrónico ozocogz@gmail.com especificando o número de unidades (no caso de querer máis de un) e os datos fiscais do centro escolar para enviarvos, xunto co pedido, a factura correspondente.
Anímádesvos?
Comentarios
Publicar un comentario