OZOCOgz deseño galego , unha empresa galega 100%, na que apostamos con firmeza pola difusión da nosa cultura e da nosa lingua. O ano que rematou sacamos á venda a nosa nova liña de traballo co xogo de mesa cultural - educativo, TI NON ES DE AQUÍ? , xogo ao que moitos medios de comunicación deron en chamar " o trivial galego ". Temos que recoñecer que a acollida foi moi boa, por eses medios de comunicación e, o que é máis importante, polo público en xeral, acadando na CULTURGAL 2018 un número de vendas importantísimo. As librarías do país tamén se fixeron eco, sendo tamén neste caso, un dos agasallos máis escollidos o Nadal pasado. Nas seguintes ligazóns pódese ver a acollida por parte de algúns deses medios de comunicación: - La Voz de Galicia - Sermos Galiza - Diario de Pontevedra - TVG Se conseguimos interesarte/-vos no noso xogo, temos unha oferta especial para o teu Centro de Ensino. Por tan só 29,90 € máis os custes de
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.