Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

7ª edición -en feminino- do concurso de micro-relatos OZOCOgz

Xa está en marcha a 7ª edición do noso concurso de micro-relatos.  Para ires recibindo información puntual do concurso podes seguilo dende o evento creado en facebook: https://www.facebook.com/events/535003687021466/ Este ano o xurado de honra está formado por: Ana Cabaleiro Cruz Martínez Tamara Andrés   e Lucía Rodríguez, gañadora da anterior edición do concurso   Colaboran: Aparthotel Arenteiro co obsequio do 1º premio A Deputación de Ourense co obsequio do lote de libros e as librarías que completan o xurado do concurso: Escolma, do Carballiño   Miranda, de Bueu Andel, de Vigo e Pedreira, de Compostela Anímate e participa, velaí as bases: Bases en Calameo

A CANDELORIA E SAN VALENTÍN, DÚAS DATAS PARA O AMOR NA GALIZA

A CANDELORIA E SAN VALENTÍN, DÚAS DATAS PARA O AMOR NA GALIZA O 2 de febreiro é o día da Candeloria, o día do amor nos antigos costumes galegos. Dise que é o día no que casan os paxariños. Neste mundo tan globalizado, na Galiza tamén se adoita celebrar o Día dos Namorados e Namoradas o 14 de febreiro, polo San Valentín. Mais este día 2, en que casan os paxariños, tamén é unha data ben axeitada e bonita para celebrarmos o amor e sorprendermos á nosa parella cun bonito agasallo. Ben seguro que non o espera. Que che parece cunha camisola ozoqueira , un caderno reivindicativo ou o xogo de mesa no que ser galeg@ está cheo de vantaxes? O Día da Candeloria é o propio DÍA DO AMOR segundo a tradición galega. Vai un artigo moi interesante que roubamos descaradamente ;) da web galicia.swred.com sobre esta festividade de fondas raigames celtas. ---- A CANDELORIA, A FESTA DA LUZ A festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos A Candeloria é unha festa relix