Percorrido interactivo en 360 º pola tenda oficial de OZOCOgz deseño galego. (Vídeo realizado por Spauria: https://www.youtube.com/channel/UCaHtcOuGvTNZ-KbbtOEpyHg ) Visítanos no Carballiño (Rúa Curros Enríquez, 29). Goza xa desta experiencia no teu navegador e, se posúes unhas gafas de Realidade Virtual, mergúllate aínda máis na versión dixital do noso comercio. OZOCOgz somos unha das marcas de deseño galego referente do País, centrados na fabricación e distribución de produtos de papelaría, xogos, textil entre outros 100% galegos.Despois do gran éxito acadado co xogo de mesa TI NON ES DE AQUÍ? e a liña téxtil de camisolas e suadoiros con deseños galegos, o seguinte paso foi abrir a primeira tenda física oficial de OZOCOgz deseño galego, onde ademais das nosas marcas, poderás atopar un amplo abano de produtos de artistas galegos, incluíndo traballos musicais, arte e artesanía. Tenda oficial en liña: https://ozocogz-atenda.com Website oficial: www.ozocogz.com
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.