Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

BOAS FESTAS!

BELÉN, ANO CERO Xuntéi o vento frío coa auga-neve, xuntéi a noite negra coa xiada, e vin un neno espido nun pesebre. Qué misterio máis fondo, qué aventura: O neno non quería gozar de outros irmáus, nin de outra axuda. Por algo estaba alí, por algo estaba tan lonxe da riqueza gasalleira, tan perto da probeza desolada. Por algo os pastoriños se achegaron. E si o vento pasou tan paseniño cantando soavemente, foi por algo. Por algo era María unha artesán, cando podía sere si quixera, primeira dama, esposa principal. Por algo era Xosé un carpinteiro de fortes, rexas máus encallecidas na garlopa, na trencha e no martelo. Xuntéi tódolos orfos nun só berce, xuntéi as inxusticias cos aldraxes e púxenos de ofrenda nun pesebre. ¿Quén foi o que roubou o meu presente? -Celso E. Ferreiro-

NOVAS CAMISOLAS PARA ESTE NADAL

Estamos de estrea! Camisola unisex co lema QUE NUGALLA! en cores granate e gris chumbo. Segundo o dicionario da RAG a NUGALLA é: A falta de vontade para traballar ou facer algo que require algún esforzo. Son sinónimos desta fermosa verba desidia , galbana , maiola , preguiza e vagancia. ********************   E para as e os máis cativos da casa a nova camisoliña da LAGARTIÑA En talles 12 meses, 24 meses e 3/4 anos e cores laranxa e vermella (roxa)