OZOCOgz máis un ano na CULTURGAL
Os días 30 de Novembro (sexta-feira), 1 (sábado) e 2 (domingo) de Decembro
de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra
Este ano estaremos con moitas novidades e estreas como
as novas camisolas unisex QUE NUGALLA!, as camisolas para bebés da LAGARTIÑA,
novos cadernos como o dedicado a LOIS PEREIRO e o dedicado a SIMONE DE BEAUVOIR
e, por suposto, o noso produto estrela para este Nadal, o xogo de mesa TI NON
ES DE AQUÍ?
Por certo, que o sábado día 1 de decembro, formando
parte da programación oficial da Feira, no Espazo Libro faremos unha
presentación oficial do xogo.
Como todos os anos temos de agasallo por mercar e/ou
visitar o stand o, xa tradicional marcapáxinas multiusos (calendario,
marcapáxinas, regra, Letras Galegas), nesta ocasión dedicado a Antón Fraguas,
persoeiro a quen se lle dedica o Día das nosas Letras para o vindeiro ano 2019.
* * *
QUE NUGALLA!
Nova camisola unisex
Estreamos novo modelo de camisola en talles de adulto
(dende S até 3XL), unha figura icónica do cinema de sempre como Charles Chaplin
serviunos de inspiración á hora de deseñar esta camisola que, baixo a desculpa
desta expresión tan nosa, pretende homenaxear a figura, sempre actual, deste
xenial actor.
A camisola podedes atopala en cores granate ou gris
chumbo.
* * *
LAGARTIÑA
Nova camisola para bebés
@s máis cativ@s da casa tamén poden estrear este Nadal
unha camisoliña ozoqueira. En talles de 12 meses, 2 anos e 3/4 anos e cores
laranxa (roxa) e vermella un bonito deseño cunha cantiguiña tradicional:
“LAGARTIÑA, sae da buratiña que che comen a túa
hortiña”.
Só a venda na nosa loxa en liña e, por suposto, esta
fin de semana na Culturgal 2018.
* * *
SIMONE DE BEAUVOIR
Novo caderno ozoqueiro
O caderno que vos presentamos vai dedicado, nesta
ocasión, á figura desta grandísima muller, escritora destacadísima do
existencialismo e figura fundamental para entender o movemento feminista do
pasado século.
Como
todos os nosos cadernos, a contracapa leva unha mini biografía da personaxe.
Comentarios
Publicar un comentario