OZOCOgz máis un ano na CULTURGAL Os días 30 de Novembro (sexta-feira), 1 (sábado) e 2 (domingo) de Decembro de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra Este ano estaremos con moitas novidades e estreas como as novas camisolas unisex QUE NUGALLA!, as camisolas para bebés da LAGARTIÑA, novos cadernos como o dedicado a LOIS PEREIRO e o dedicado a SIMONE DE BEAUVOIR e, por suposto, o noso produto estrela para este Nadal, o xogo de mesa TI NON ES DE AQUÍ? Por certo, que o sábado día 1 de decembro, formando parte da programación oficial da Feira, no Espazo Libro faremos unha presentación oficial do xogo. Como todos os anos temos de agasallo por mercar e/ou visitar o stand o, xa tradicional marcapáxinas multiusos (calendario, marcapáxinas, regra, Letras Galegas), nesta ocasión dedicado a Antón Fraguas, persoeiro a quen se lle dedica o Día das nosas Letras para o vindeiro ano 2019. * * * QUE NUGALLA! Nova camisola unisex Estreamos novo modelo de cam
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.