Como ben saberedes polo bombardeo de informacións deste tipo nas webs, correos electrónicos e outros moitos medios, o vindeiro 25 de
maio entra en vigor o novo Regulamento xeral de protección de datos (RGPD). É unha normativa europea que moderniza o tratamento dos
datos persoais por parte das empresas. O obxectivo é que como usuario ou usuaria da Internet teñas maior
control sobre o tratamento dos teus datos.
- O responsábel do tratamento dos datos que facilitas ao subscribirte ou mercar algo na nosa tenda, é OZOCOgz deseño galego*
- A finalidade do tratamento dos teus datos é a de poder remitir comunicacións da nosa marca, salvo que nos manifestes o contrario expresamente.
- Os teus datos non se cederán a terceiros, salvo obriga legal ou xestión de pagamentos e cobros.
- Podes exercer o teu dereito de acceso, rectificación e supresión, así como outros dereitos que se explican na política de privacidade, póndote en contacto por medio do correo ozocogz@gmail.com
Podes atopar toda a información completa na nosa política de privacidade actualizada.
Se tes algunha dúbida sobre os teus datos
persoais ou se precisas saber como acceder ou eliminar os datos
almacenados, por favor contacta con:ozocogz@gmail.com
(* Eladino Cabanelas Fernández)
Comentarios
Publicar un comentario