Achégase o Día do Pai! Por ese motivo en OZOCOgz queremos lembrarche a nosa oferta de produtos para ese papá que tanto merece. Dende os nosos, xa clásicos, deseños en téxtil de camisolas e suadoiros até os novos produtos de papelaría. Bota unha ollada demorada e verás como podes ser do máis orixinal. Ademais, se fas a túa compra de téxtil dende a nosa tenda en liña, podes favorecerte dun interesante desconto do 20% en prendas unisex. Preme na imaxe, baixo esta liña, e faille unha homenaxe a ese home que tanto leva feito por ti. E lembra que aínda estás a tempo de participares na 6ª edición do concurso de micro-relatos. OZOCOgz. Apertas ozoqueiras!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.