Xa está aquí o FEBREIRO. Este febreiro vén cargado de celebracións, de ocasións para festexar, gozar... e tamén para agasallar a quen máis queres. O día 2 é o d ía da Candeloria, o Día do Amor nos antigos costumes galegos. Dise que é o día no que casan os paxariños e así o confirman ditos ben antigos: "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa". O 14 é San Valentín, o Día dos Namorados celebrado maioritariamente e, posibelmente, instaurado nesta data para eliminar outras celebracións máis antigas e consideradas profanas pola relixión católica. Mais iso é outra historia E por se fora pouco estamos completamente mergullados no Entroido, o día 1 é Xoves de Comadres e até o 14 (San Valentín e Mércores de Cinza) que enterraremos sardiñas e queimaremos mecos, estaremos gozando dunha quincena de troula e celebración (nalgún lugar como Xinzo ou Verín a esmorga remata aínda uns días despois, o 18, Domingo de Piñata). En OZOCOgz imos celebralo fundindo as tre
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.