BELÉN, ANO CERO Xuntéi o vento frío coa auga-neve, xuntéi a noite negra coa xiada, e vin un neno espido nun pesebre. Qué misterio máis fondo, qué aventura: O neno non quería gozar de outros irmáus, nin de outra axuda. Por algo estaba alí, por algo estaba tan lonxe da riqueza gasalleira, tan perto da probeza desolada. Por algo os pastoriños se achegaron. E si o vento pasou tan paseniño cantando soavemente, foi por algo. Por algo era María unha artesán, cando podía sere si quixera, primeira dama, esposa principal. Por algo era Xosé un carpinteiro de fortes, rexas máus encallecidas na garlopa, na trencha e no martelo. Xuntéi tódolos orfos nun só berce, xuntéi as inxusticias cos aldraxes e púxenos de ofrenda nun pesebre. ¿Quén foi o que roubou o meu presente? -Celso E. Ferreiro-
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.