O 12 de setembro cumprimos 5 aniños. Celébrao con nós en facebook e podes levar un agasallo ozoqueiro.
O 12 de setembro do 2012 comezamos oficialmente a andaina da nosa marca de deseño. OZOCOgz, que así decidimos chamarnos trala boa acollida da nosa primeira camisola -a camisola do zoco/convértete-, nacía con moitas ilusións mais tamén co medo natural e a incerteza de non saber como nos iría, de preguntarnos canto poderiamos aguantar na “selva do mercado”.
Dende aquela pasaron 5 anos, un lustro de traballo cuxo froito podemos ver na cantidade de produtos ofertados pola nosa tenda, as preto de 20 tendas ozoqueiras (librarías e tendas ao longo de todo o País que confían en nós e venden os nosos produtos), 5 edicións do, cada vez máis coñecido, concurso de micro-relatos e, o máis importante, a nosa introdución nas redes sociais con máis de 2500 amigos e amigas en facebook, a rede da que máis gustamos e mimamos.
![]() |
imaxe © filosofiaencolmenarejo.wordpress.com |
Participar? Como?
O sorteo queremos enfocalo para premiar a vosa fidelidade e para iso o primeiro sodes quen nos tedes axudado a medrar mercando algún dos noso produtos. Para iso imos pedirvos que entredes no evento de facebook que creamos para a ocasión (5º aniversario OZOCOgz) e nos enviedes unha fotografía con algún dos nosos produtos (camisola, chapa, caderno...) e, se o tendes a ben, algun textiño felicitándonos (que nos vai encantar

Entre todos e todas os participantes escolleremos (por sorteo) tres gañadores ou gañadoras que recibirán, nesta orde, unha camisola, un libro de micro-relato e unha bolsa de algodón orgánico.
Ánimo, Botádelle un chisquiño de imaxinación e comezade a enviarnos as vosas fotografías ozoqueiras.
Grazas por todo!!!!
Comentarios
Publicar un comentario