Velaquí a programación ozoqueira para o que resta de agosto e a primeira quincena do setembro. Bótalle un ollo e, tanto se andas preto como se buscas algo interesarte onde pasar estes días de verán, non deixes de acudir. Non deixes de visitarnos!!! Preme nas imaxes para obteres máis información dos eventos.
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.