TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas: lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia... prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política... monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía... música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais... xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora... OBXECTIVO DO XOGO Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego, respondendo atinadamente o maior número de cuestións. DESTINATARIOS/AS DO XOGO TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñeceme
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.
Que significa toxo arnau?
ResponderEliminarE que non sei que significa arnau e non pillo o chiste.
Grazas.
Desculpa pola tardanza. O certo é que a web témola algo abandoada e, as poucas veces que entramos, esquecemos ver os comentarios.
EliminarRespondo, primeiro dun xeito máis técnico e despois exlícoche o porqué de por esa frase.
O toxo arnal (ou arnau), tamén chamado simplemente toxo, é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm. Cando a planta é aínda nova, as follas son normais, trifoliadas.
En varias zonas de Galiza, sobre todo do interior, distinguimos entre ser toxo ou ser toxo arnau. Se alguén che chama toxo é coma en todos os sitios, mais se che chaman "toxo arnau" é símbolo de "calidade", que es máis toxo que un toxo, para entendernos.
Saúdos!