Estas son as citas ozoqueiras para as vindeiras datas. Bótalle un ollo e visítanos. A primeira e obrigada está en Compostela, o Día da Patria no Festigal . Isto será o 25 de Xullo, por suposto. O sábado 29 andaremos por terras de Baltar (Ourense) no Laroucofest , un evento musical que, pouco a pouco vai atopando o seu lugar como festival de referencia na comarca. O domingo 30 estaremos no Concello da Capela no VI EtnoEume , nunha xornada de reivindicación do noso patrimonio cultural e, sobre todo rural. Por certo, se aínda non coñecedes o marabilloso museo etnográfico deste lugar, este é o día ideal para facelo. E, por suposto, como xa é unha tradición para nós, OZOCOgz estará en Guitiriz (5 e 6 de agosto) no transcurso do Festival de Pardiñas . Dous días de troula e boa música nunha contorna marabillosa.
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.