O sábado 24 de xuño celebrouse no lugar de Pazos de
Arenteiro, do concello ourensán de Boborás a entrega de premios ás gañadoras da
5ª edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz.
A gañadora do 1º premio, Susana Villamor, recibíu un
diploma, vale para a estancia dunha noite na casa de turismo rural Aldea Pazos
de Arenteiro, unha camisola OZOCOgz, un lote de libros obsequio da deputación
ourensá e un agasallo da asociación de diminuídos psíquicos ASPADISI do
Carballiño. Cruz Martínez, finalista, recibíu diploma, unha camisola OZOCOgz,
lote de libros obsequio da Deputación de Ourense e agasallo da xente de
ASPADISI.
Os premios foron entregados, no caso da finalista, por
Fernando Miranda, dono da Libraría Miranda de Bueu e membro do xurado, Roberto,
usuario de ASPADISI e Eladino Cabanelas,
responsábel de OZOCOgz. No caso de Susana Villamor, os premios foron entregados
por Ramiro Fdez. Padín, dono da casa de turismo rural Aldea Rural Pazos de Arenteiro,
Miguel Anxo Fernández, escritor que ven de gañar o Premio Blanco-Amor de novela
deste ano, Juan Manuel, usuario de ASPADISI e, tamén Eladino Cabanelas de
OZOCOgz.
Antes da entrega houbo un pequeno recital de música e
poesía no que interviron Rochi Nóvoa, Quico Valeiras, Alexandre Cabanelas, Dani
Soldevilla e Puntxa Rivers.
Perfil das gañadoras:
Susana Villamor. Nada en Vigo, mais residente no Morrazo
–en Moaña- dende hai 26 anos, é coidadora dun comedor escolar e, como escritora
gañou tamén o Concurso de micro-relatos da Lonxa Literaria de Moaña.
Cruz
Martínez. Nada en Armenteira (Meis) é colaboradora habitual de Sermos Galiza e
Praza Pública. Gañou o
XXII e o XXVI Certame ROSALIA DE CASTRO de poesia cos
poemários (Amante tocada
pola antropofaxia) decembro-2008 e (Contemplo o proceso inevitábel da despedida)
decembro-2012. (Cornellà- Barcelona). E o II Certame de Poesía “MANUEL
MARIA” Co conxunto de poemas (O lánguido ocaso dunha dalia) 24 de
maio, 2014. (Gipuzkoa).
Tivo unha Mención de Honra no “Concurso Internacional de
Cuento breve y Poesía” Homenaje a Manuel Curros Enríquez co poema “Tallo
de pedra pendurado na memoria” . 2008-Bos Aires (Argentina).
Conseguiu segundos Prémios no I Certame Terras de
Chamoso. (Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante). Lugo-2008. XXIII
Certame Feliciano Rolán. (Se cadra, son pequena de máis). A Guarda-2009. III
Certame de Poesía “Mulleres do noso tempo” (A palabra xurdiu da
dislalia).Cee-2010. VIII Certame Literario Concello de Ames. (Atraídos
por un choque de feromonas)-2011. I Certame Literario de poesía e relato
curto Xosé Neira Vilas. (A coleccionista de cicatrices) Compostela- 2012
E terceiros premios no Certame Literário e artístico
AALF en lingua portuguesa con “Às vezes temo a metamorfose”. Freamunde-
Portugal 2003 e no Certame Eduardo Chao con “Aínda son unha amante
inconsútil” Vigo-2006.
![]() |
De esqu. a dta: Fernando Miranda, Juan Manuel, Susana Villamor, Roberto, Miguel Anxo Fernández, Eladino Cabanelas e Cruz Martínez |
Actuación de Alexandre Cabanelas, Dani Soldevilla e Puntxa Rivers |
Quico Valeiras recitando |
Quico acompañado ao saxo por Alexandre Cabanelas |
Intervención de Eladino Cabanelas, OZOCOgz |
Susana Villamor, gañadora do concurso |
Cruz martínez |
Fernando Miranda, Susana Villamor, Eladino Cabanelas, Cruz Martínez, Ramiro Fdez. Padín e Miguel Anxo Fernández |
Comentarios
Publicar un comentario