O sábado 24 de xuño celebrouse no lugar de Pazos de Arenteiro , do concello ourensán de Boborás a entrega de premios ás gañadoras da 5ª edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz. A gañadora do 1º premio , Susana Villamor , recibíu un diploma, vale para a estancia dunha noite na casa de turismo rural Aldea Pazos de Arenteiro, unha camisola OZOCOgz, un lote de libros obsequio da deputación ourensá e un agasallo da asociación de diminuídos psíquicos ASPADISI do Carballiño. Cruz Martínez , finalista , recibíu diploma, unha camisola OZOCOgz, lote de libros obsequio da Deputación de Ourense e agasallo da xente de ASPADISI. Os premios foron entregados, no caso da finalista, por Fernando Miranda , dono da Libraría Miranda de Bueu e membro do xurado, Roberto , usuario de ASPADISI e Eladino Cabanelas , responsábel de OZOCOgz . No caso de Susana Villamor , os premios foron entregados por Ramiro Fdez. Padín , dono da casa de turismo rural Aldea Rural Pazos de Arenteiro , Mi
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.