Narón, Muimenta e O Pereiro de Aguiar son os lugares onde OZOCOgz vai estar presente en vindeiras xornadas. Todo son eventos onde o esforzo, a vontade e a ilusión dos seus/súas organizadores/as en cambiar as cousas para ben ten a súa parte fundamental. Parabéns a todos e todas eles polo seu traballo e xenerosidade 💕. O sábado 27 de maio, no CPI do Feal , de Narón desenvolverase a XI edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, organizado por Brinquedia , coa colaboración dun gran número de asociacións que traballan día a día pola recuperación e consolidación do xogo/deporte tradicional galego. Nesta páxina podes consultar quen son estas asociacións: Listaxe na web de Brinquedia . O sábado 3 de xuño, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, vaise desenvolver a IX Festa dos xogos tradicionais. Nesta ocasión é XOTRAMU , a asociación do Xogo Tradicional de Muimenta quen organiza esta impresionante festa de convivencia, tradición e hermandade. O domingo 4 d
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.