Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

Comeza a Xira 2017 de OZOCOgz. En maio estaremos en...

OZOCOgz comeza a súa xira 2017 pateando o país!!!! Para maio, Vilar de Santos, Sobradelo (Xunqueira de Ambía) e Narón xa teñen confirmada a nosa estadía. O 7 estaremos acompañando á xente de A Arca da Noe e do Forno Tradicional Faragullas no III MERCADO de Vilar de Santos . Música, bos alimentos, mercado, boa compañía e moito, moito máis. Non o perdas. O 13 e o 14 estaremos acompañando a Rochi Nóvoa Vázquez no IV Tangaraño Cultural , un evento cultural de primeira orde e que cada ano se supera a sí mesmo. Xa sabedes, música, poesía, fotografía, mercado, boa compañía e, até unha procesión te agardan se nos visitas en Sobradelo.   O 27 andaremos por Narón acompañando á boa xente que traballa en prol da recuperación do Xogo Tradicional, no XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais . O noso maior agradecemento a toda esta xente.   

OPORTUNIDADES en abril e maio!!!!

Aproveita as nosas ofertas para estas datas!!! O 7 de maio é o Día da Nai e para que o celebres como ela/ti vos merecedes en OZOCOgz temos unha oferta especial. Aprovéitaa. Só até o día 7 de maio e só na nosa tenda online. http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_category=3&controller=category *  *  *  *  * Para celebrar tanto o Día do Libro (23 de abril) coma o Día das Letras Galegas (17 de maio) temos unha oferta especial para ti. Só na nosa tenda online: http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=18&controller=product OZOCOgz xunto con Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz", fixemos esta colaboración pola cal vos ofertamos unha preciosa camiseta cun deseño "fusión" dos dous proxectos, en talles desde 5/6 até 11/12, en tres cores distintas, serigrafiadas por diante e por detrás.

BLUE. Novo punto ozoqueiro no Carballiño

Temos novo punto de venda no Carballiño! Trátase de BLUE . Unha tenda de roupa de moda situada na rúa María Ana Mogas Fontcuberta, para quen (coma nós) igual non vos soe moito a rúa, está na Praza das Monxas (Irmáns Prieto), na baixada á Praza de Abastos. Xa sabedes, a partires de xa, Blue tamén significa OZOCOgz!!! Máis información sobre esta tenda en: FACEBOOK INSTAGRAM