Saltar ao contido principal

Comeza a súa andaina OZOCOgz PAPELARÍA.


Comezamos unha nova liña de produtos que comercializaremos baixo o nome de OZOCOgz PAPELARÍA.
E para principiar, que mellor que facelo a poucas datas do Día de Rosalía (24 de febreiro) cun caderno coa figura da nosa poeta máis emblemática e recoñecida. O caderno ten unhas dimensións de 130x168 mm, 100 follas brancas e encadernación en tapa dura a toda cor (interior e exterior das capas).
Na capa leva un fermoso texto moi reivindicativo, da propia Rosalía, extraído do limiar de "Cantares Gallegos" e na contracapa vai unha pequena biografía da autora padronesa.

"...que a nosa terra é dina de alabanzas,
e que a nosa lingua non é aquela que
bastardean e champurran torpemente
nas máis ilustradísimoas provincias cunha
risa de mofa que, a desir verdade,
demostra a iñorancia máis crasa
i a máis imperdoable inxusticia..."


Na mesma liña e coas mesmas características de materiais e dimensións, sacamos ao mercado outros dous cadernos, un de Alfonso Castelao co texto:

"¿E de que vos valeu?
Porque dispois de máis de catro
séculos de política asimilista,
exercida con toda riqueza de
astucias e violencias,
o noso idioma está vivo.
Sodes, pois, uns
imperialistas fracasados."


... e outro de Manoel Antonio, co texto:

"...falamos galego inda
que seibamos falar ingrés,
beilamos a muiñeira inda
que seibamos o fox-trot,
somos nosos podendo
ser alleos..." 






Estes cadernos xa están ao voso dispor na nosa tenda online: OZOCOgz-ATENDA.COM



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

HABEMUS TENDA!

HABEMUS TENDA!

Si, efectivamente, após estes anos de traballo OZOCOgz dá un pasiño máis e abre tenda "física" cos produtos máis ozoqueiros do mundo.

Como non podía ser doutro xeito abrimos no Carballiño, na nosa vila e, quen sabe? Igual co tempo continuamos na túa vila. Por ganas e ilusión non vai quedar.

Na tenda OZOCOgz deseño galego poderás atopar, ademais e por suposto das nosas creacións, instrumentos tradicionais, arte, artesanía, bixutaría, zocos e música independente galega entre outras cousas, coas que nos une o interese por traballar en "clave" Galiza.

A tenda está na rúa Curros Enríquez número 29, nunha das zonas peonís da vila.

Agardámoste!


8ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz

Máis un ano poñemos en circulación o noso concurso literario. Podedes ir pensando nun bo relato, desta volta sobre a infancia e, dende o 10 de febreiro até o 30 de abril mandalo.
A temática titulámola INFANCIA. O xurado deste ano está formado pola escritora Berta Dávila, os escritores Celso Sanmartín e Adolfo Caamaño, a (tamén escritora, obviamente) Concha López, e as librarías Cartabón, Escolma, Miranda e Pedreira.
A participación, como todos os anos é a través de facebook.
Este é o evento creado para o concurso: 8 concurso micro-relatos OZOCOgz

BASES 8º concurso micro-relatos OZOCOgz 1. Os micro-relatos deberán estar escritos en lingua galega, podendo empregarse calquera das normativas. Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados en ningún outro concurso ou certame literario. Os autores/as serán responsábeis tanto da autenticidade dos textos como dos seus propios datos. 2. A temática leva como título xenérico INFANCIA. A infancia, a nenez, ese período de tempo que f…