Comezamos unha nova liña de produtos que comercializaremos baixo o nome de OZOCOgz PAPELARÍA. E para principiar, que mellor que facelo a poucas datas do Día de Rosalía (24 de febreiro) cun caderno coa figura da nosa poeta máis emblemática e recoñecida. O caderno ten unhas dimensións de 130x168 mm, 100 follas brancas e encadernación en tapa dura a toda cor (interior e exterior das capas). Na capa leva un fermoso texto moi reivindicativo, da propia Rosalía, extraído do limiar de "Cantares Gallegos" e na contracapa vai unha pequena biografía da autora padronesa. "...que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimoas provincias cunha risa de mofa que, a desir verdade, demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia..." Na mesma liña e coas mesmas características de materiais e dimensións, sacamos ao mercado outros dous cadernos, un de
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.