Ponse a andar a 5ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz.
Após o éxito de participación das anteriores edicións velaquí ven xa a nova edición do noso concurso literario.
Podedes atopar máis información na seguinte ligazón:
https://www.facebook.com/events/233378203787271/
BASES 5ª EDICIÓN CONCURSO MICRO-RELATOS
1. Os micro-relatos deberán
estar escritos en
lingua galega. Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados en
ningún outro concurso ou certame literario.
2. A temática será a MEMORIA HISTÓRICA. Segundo diversas fontes,
a Memoria Histórica é un concepto historiográfico
que ven designar o esforzo consciente dos grupos humanos por entroncar co seu
pasado, sexa este real ou imaxinado, valorándoo e tratándoo con especial respecto. No caso que nos
ocupa, a efectos do concurso, ímonos centrar no período de tempo que vai dende
a 2ª República Española
á morte do ditador Franco. Sirva este
pequeno concurso como recoñecemento a todas as vítimas de antes e durante a
Guerra Civil e, por suposto, ás vítimas da posterior e cruel ditadura
franquista, e a todos os seus familiares. Familiares a quen, aínda hoxe se lles
nega, en moitos casos, o dereito a saber onde están soterrados os seus.
3. Admitirase só un relato por autor ou autora.
4. A autora ou autor deberá
cumprir cos seguintes requisitos con carácter obrigatorio. O non cumprimento
dalgún destes puntos significa a non aceptación do seu relato no concurso:
- Ter cumpridos os 16 anos ou máis
- Ter un perfil en facebook
- Compartir o evento do concurso no seu “muro”, engadindo a
etiqueta @ozocogz
- Premer (de non telo feito con anterioridade) no
"Gústame" da nosa
páxina (FanPage): www.facebook.com/desenho.galego
5. A extensión máxima dos
micro-relatos será de 140
palabras.
O único xeito de facérnolos chegar, para garantir o anonimato, é a través dunha
mensaxe na páxina do facebook (FanPage) de OZOCOgz. Nesa mensaxe figurará tamén
o nome do relato xunto cun seudónimo, que será o nome que usaremos ao
publicarmos o conto na páxina de facebook e máis na nosa web www.ozocogz.com.
6. OZOCOgz resérvase o
dereito de non admitir a concurso aqueles micro-relatos que, entre outras
causas, atenten contra o dereito á intimidade, honra e propia imaxe de
terceiros/as, ou que conteñan connotacións racistas, sexistas e/ou
discriminatorias, comentarios difamatorios ou calquera outros que atenten
contra a dignidade.
7. Os/as usuarios/as de
facebook poderán facer comentarios aos micro-relatos. Estes comentarios serán
moderados por OZOCOgz. Os comentarios ou lecturas, sexa cal sexa o seu número
ou texto, non implicarán de ningún xeito influencia na votación final.
8. O prazo de envío dos
micro-relatos vai dende o 1 de febreiro até o 30 de abril de 2017. O 17 de maio, Día das
nosas Letras daremos a coñecer publicamente o nome dos relatos gañadores,
quedando por fixar por OZOCOgz unha data posterior para a entrega dos premios.
SELECCIÓN DO GAÑADOR OU GAÑADORA
9. O xurado está formado
polas seguintes persoas: un/unha representante da "Livraria Suévia"
da Coruña, un/unha representante da "Libraría Escolma" do Carballiño,
un/unha representante da "Librería Miranda" de Bueu, un/unha
representante da "Libraría Vagalume" de Lalín, un/unha representante
da "Libraría Andel" de Vigo, un/unha representante da “Libraría
Pedreira” de Compostela, a escritora María Solar, a escritora Iolanda Zúñiga, o
escritor Alfonso Láuzara, o escritor e director da Editorial Galaxia Francisco
Castro e a gañadora da pasada edición do concurso Susana Glez. Lago.
10. Haberá dous micro-relatos premiados aos que
corresponderán os seguintes premios:
Ao 1º premio e relato gañador faráselle
entrega dunha camisola OZOCOgz e un vale por unha estancia para dúas persoas
por unha noite, con almorzo incluído, na Aldea Rural Pazos de Arenteiro, no
concello ourensán de Boborás.
Ao 2º premio e relato finalista
faráselle entrega dunha camisola OZOCOgz e un lote de libros.
11. A decisión do xuri é
inapelábel e irrevogábel podendo declarar deserta a totalidade ou algún dos
premios no caso de non acadar a calidade necesaria.
12. Calquera cuestión non
prevista nestas bases será interpretada e resolta por OZOCOgz en calidade de
organizadora do concurso.
13. Todos os micro-relatos presentados a concurso
pasan a ser propiedade de OZOCOgz, reservándose o dereito da súa
publicación, tradución a outros idiomas ou difusión por calquera medio, citando
sempre o autor ou autora dos mesmos.
14. O feito de participar
implica a plena aceptación destas bases ou daquelas modificacións puntuais que
puidesen xurdir no transcurso do concurso.
O Carballiño, 17 de xaneiro
de 2017
Eladino Cabanelas
Responsábel de OZOCOgz
Comentarios
Publicar un comentario