Ponse a andar a 5ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz. Após o éxito de participación das anteriores edicións velaquí ven xa a nova edición do noso concurso literario. Podedes atopar máis información na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/events/233378203787271/ BASES 5ª EDICIÓN CONCURSO MICRO-RELATOS 1. Os micro-relatos deberán estar escritos en lingua galega . Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados en ningún outro concurso ou certame literario. 2. A temática será a MEMORIA HISTÓRICA . Segundo diversas fontes, a Memoria Histórica é un concepto historiográfico que ven designar o esforzo consciente dos grupos humanos por entroncar co seu pasado, sexa este real ou imaxinado, valorándoo e tratándoo con especial respecto . No caso que nos ocupa, a efectos do concurso, ímonos centrar no período de tempo que vai dende a 2 ª Rep ú blica Espa ñ ola á morte do ditador Franco. Sirva este pequeno concurso como recoñecemento a todas a
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.