Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Chega o Nadal ozoqueiro!!

Chegan as festas do Nadal, e para celebralo como se merece en OZOCOgz temos preparado unha serie de descontos e novidades para facilitarche a labor, moitas veces dura, de escoller ese agasallo co que sorprender e gustar a un mesmo tempo.

Non importa a túa escolla relixiosa, de costume ou nostálxica, tanto se queres regalar ou que che regalen polo Apalpador...


...polo Papá Noel...


...ou polo Reis Magos...


...tes na nosa loxa online, en todo o noso téxtil, dende o 16 de decembro até o 5 de xaneiro (ámbalas dúas datas incluídas), un 15% de desconto.

Xa sabes, se queres un agasallo con identidade galega, orixinal e a bo prezo, preme na seguinte imaxe:


Tamén podes optar pola nosa nova sección de papelaría, cousiñas bonitas, moi persoais e reivindicativas, coas que sorprender a esa persoa que queres.


Boas Festas!!!

O 12 de setembro cumprimos 5 aniños. Celébrao con nós en facebook e podes levar un agasallo ozoqueiro.

O 12 de setembro do 2012 comezamos oficialmente a andaina da nosa marca de deseño. OZOCOgz, que así decidimos chamarnos trala boa acollida da nosa primeira camisola -a camisola do zoco/convértete-, nacía con moitas ilusións mais tamén co medo natural e a incerteza de non saber como nos iría, de preguntarnos canto poderiamos aguantar na “selva do mercado”.

Dende aquela pasaron 5 anos, un lustro de traballo cuxo froito podemos ver na cantidade de produtos ofertados pola nosa tenda, as preto de 20 tendas ozoqueiras (librarías e tendas ao longo de todo o País que confían en nós e venden os nosos produtos), 5 edicións do, cada vez máis coñecido, concurso de micro-relatos e, o máis importante, a nosa introdución nas redes sociais con máis de 2500 amigos e amigas en facebook, a rede da que máis gustamos e mimamos.

Por tanto coidamos que é o momento de celebralo e para iso queremos premiar a fidelidade da nosa clientela, dos nosos amigos e amigas, e imos facelo cun sorteo de pro…

Agosto e setembro, novas citas da xira ozoqueira

Velaquí a programación ozoqueira para o que resta de agosto e a primeira quincena do setembro.
Bótalle un ollo e, tanto se andas preto como se buscas algo interesarte onde pasar estes días de verán, non deixes de acudir.
Non deixes de visitarnos!!!
Preme nas imaxes para obteres máis información dos eventos.




OZOCOgz na Semana da Patria... e algo máis.

Estas son as citas ozoqueiras para as vindeiras datas. Bótalle un ollo e visítanos.

A primeira e obrigada está en Compostela, o Día da Patria no Festigal. Isto será o 25 de Xullo, por suposto.

O sábado 29 andaremos por terras de Baltar (Ourense) no Laroucofest, un evento musical que, pouco a pouco vai atopando o seu lugar como festival de referencia na comarca.

O domingo 30 estaremos no Concello da Capela no VI EtnoEume, nunha xornada de reivindicación do noso patrimonio cultural e, sobre todo rural. Por certo, se aínda non coñecedes o marabilloso museo etnográfico deste lugar, este é o día ideal para facelo.

E, por suposto, como xa é unha tradición para nós, OZOCOgz estará en Guitiriz (5 e 6 de agosto) no transcurso do Festival de Pardiñas. Dous días de troula e boa música nunha contorna marabillosa.






Son un toxo arnau. Nova camisola!

Un novo deseño ven de incorporarse á nosa colección.

SON UN TOXO ARNAU, unha camisola en cor branca en talles unisex (S, M, L, XL e XXL) e muller (S, M, L e XL), algodon 160 gramos e coa garantía de calidade de ROLY.



Entregados os premios da 5ª edición do noso concurso literario

O sábado 24 de xuño celebrouse no lugar de Pazos de Arenteiro, do concello ourensán de Boborás a entrega de premios ás gañadoras da 5ª edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz.


A gañadora do 1º premio, Susana Villamor, recibíu un diploma, vale para a estancia dunha noite na casa de turismo rural Aldea Pazos de Arenteiro, unha camisola OZOCOgz, un lote de libros obsequio da deputación ourensá e un agasallo da asociación de diminuídos psíquicos ASPADISI do Carballiño. Cruz Martínez, finalista, recibíu diploma, unha camisola OZOCOgz, lote de libros obsequio da Deputación de Ourense e agasallo da xente de ASPADISI.

Os premios foron entregados, no caso da finalista, por Fernando Miranda, dono da Libraría Miranda de Bueu e membro do xurado, Roberto, usuario de ASPADISI  e Eladino Cabanelas, responsábel de OZOCOgz. No caso de Susana Villamor, os premios foron entregados por Ramiro Fdez. Padín, dono da casa de turismo rural Aldea Rural Pazos de Arenteiro, Miguel Anxo Fernández, escritor que …

En xuño citas importantes de OZOCOgz

Despois de termos estado por terras de Cospeito e do Pereiro de Aguiar, na primeira fin de semana do mes, continuaremos a xira 2017 por Lalín e Agolada.

Mais non son estas as únicas citas ozoqueiras porque o vindeiro sábado 24, en Pazos de Arenteiro (Boborás) imos facer entrega dos premios da V edición do concurso de micro-relato; entrega de premios ao que ficades todos e todas convidados (*).

(*) Se che apetece vir, só/a ou acompañado/a, tan só mándanos recado uns días antes para confirmares a túa/vosa asistencia.


Vindeiros "bolos" de OZOCOgz na Xira 2017

Narón, Muimenta e O Pereiro de Aguiar son os lugares onde OZOCOgz vai estar presente en vindeiras xornadas.

Todo son eventos onde o esforzo, a vontade e a ilusión dos seus/súas organizadores/as en cambiar as cousas para ben ten a súa parte fundamental. Parabéns a todos e todas eles polo seu traballo e xenerosidade 💕.


O sábado 27 de maio, no CPI do Feal , de Narón desenvolverase a XI edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, organizado por Brinquedia, coa colaboración dun gran número de asociacións que traballan día a día pola recuperación e consolidación do xogo/deporte tradicional galego.

Nesta páxina podes consultar quen son estas asociacións: Listaxe na web de Brinquedia.


O sábado 3 de xuño, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, vaise desenvolver a IX Festa dos xogos tradicionais. Nesta ocasión é XOTRAMU, a asociación do Xogo Tradicional de Muimenta quen organiza esta impresionante festa de convivencia, tradición e hermandade.


O domingo 4 de xuño, da man de Sustinea

Micro-relatos gañadores da 5ª edición do Cuncurso de micro-relato OZOCOgz

Novas chapas OZOCOgz

Agora máis grandes!!!!

Chapas OZOCOgz de 56 mm de diámetro.

Bonitos deseños para pequenos mais intensos agasallos.

Aproveita os prezos por lotes:
- 1 unidade 2,50 €
- 2 unidades  4,25 €
- 3 unidades  6,00 €
- 4 unidades  7,50 €
- 5 unidades  9,00 €

Á venda na nosa TENDA ONLINE





Comeza a Xira 2017 de OZOCOgz. En maio estaremos en...

OZOCOgz comeza a súa xira 2017 pateando o país!!!!

Para maio, Vilar de Santos, Sobradelo (Xunqueira de Ambía) e Narón xa teñen confirmada a nosa estadía.

O 7 estaremos acompañando á xente de A Arca da Noe e do Forno Tradicional Faragullas no III MERCADO de Vilar de Santos.
Música, bos alimentos, mercado, boa compañía e moito, moito máis. Non o perdas.



O 13 e o 14 estaremos acompañando a Rochi Nóvoa Vázquez no IV Tangaraño Cultural, un evento cultural de primeira orde e que cada ano se supera a sí mesmo.
Xa sabedes, música, poesía, fotografía, mercado, boa compañía e, até unha procesión te agardan se nos visitas en Sobradelo.


O 27 andaremos por Narón acompañando á boa xente que traballa en prol da recuperación do Xogo Tradicional, no XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.
O noso maior agradecemento a toda esta xente. 

OPORTUNIDADES en abril e maio!!!!

Aproveita as nosas ofertas para estas datas!!!


O 7 de maio é o Día da Nai e para que o celebres como ela/ti vos merecedes en OZOCOgz temos unha oferta especial. Aprovéitaa. Só até o día 7 de maio e só na nosa tenda online.

http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_category=3&controller=category

*  *  *  *  *

Para celebrar tanto o Día do Libro (23 de abril) coma o Día das Letras Galegas (17 de maio) temos unha oferta especial para ti. Só na nosa tenda online:

http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=18&controller=product

OZOCOgz xunto con Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz", fixemos esta colaboración pola cal vos ofertamos unha preciosa camiseta cun deseño "fusión" dos dous proxectos, en talles desde 5/6 até 11/12, en tres cores distintas, serigrafiadas por diante e por detrás.