Eu son RIQUIÑ@ é o lema que vai nas camisolas do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós (Ourense). Por iniciativa da dirección do centro decidiron agasallar a alumnado e profesorado cunhas camisolas cuxa encomenda nos fixeron, xurdindo un deseño ozoqueiro do que nos sentimos especialmente orgullosos. A Festa de Nadal celebrárona lucindo todos e todas as súas novas camisolas. Van unhas fotos que nos enviaron dende o cole. Graciñas e, Bo Nadal para todas, para todos e, en especial, neste caso, para a boa xente de Vilardevós.
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.