Máis un ano en OZOCOgz estamos ultimando detalles para participarmos no maior evento cultural galego do ano, O CULTURGAL , a Feira das Industrias Culturais da Galiza abrirá de novo as súas portas os días 2, 3 e 4 de decembro, como xa ven sendo habitual, no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra. Para que nos poidas atopar con facilidade bótalle un ollo ao planiño que publicamos aquí, estaremos no stand nº 73, para quen xa estiverdes con nós na anterior edición comentar que repetimos a nosa situación. preme no plano para ampliares Non deixes de visitarnos e pídenos o almanaque marcapáxinas que fixemos especial para a Feira, e se ademais, imprimes e nos traes unha copia do vale que figura nesta nova, levarás tamén un agasallo moi especial. Non deixes de facelo, as existencias son limitadiñas. Por suposto, aproveita para mercares calquera dos nosos produtos e adiántate ás compras do Nadal do xeito máis orixinal e diferente. Non deixes se seguirnos nas nosas redes cotiá
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.