O 13 de novembro recuncamos a Ramil (Agolada) convidados polo proxecto Eira da Xoana.
Que que é a Eira da Xoana?
Velaquí o que nos din os seus promotores e artífices:
Historia da Xoana e da casa
Que que é a Eira da Xoana?
Velaquí o que nos din os seus promotores e artífices:
É un proxecto aberto que ten coma obxectivo concienciar e pór en práctica os principios ecoloxistas e socioculturais que defendemos dende ADEGA (www.adega.gal)
É un lugar de encontro
onde toda a xente concienciada e respectuosa co medio natural e
cultural galego pode ter cabida, independentemente de que estean
asociados ou non á asociación promotora deste proxecto: ADEGA
É pois unha aventura colectiva que para facerse realidade precisa:
- da colaboración de todas e todos
- de habilidades físicas e intelectuais
- … de calquera aportación, por pequena que sexa
Temos a certeza de que esta UTOPÍA, á que chamamos Eira da Xoana, só será posible coa progresiva entrega e cooperación do pobo galego.
Nelo cremos firmemente e de feito, xa tivemos a oportunidade de
comprobalo dende o mesmo momento en que se iniciou esta andaina: veciñas
e veciños coa súa xenerosidade, deixaron ben patente a boa acollida e
repercusión que tivo, ten e pode ter esta iniciativa.
Xoana foi a dona desta casa. A xente de Ramil ainda garda na memoria da súa infancia a imaxe dunha muller pequeneira que sempre tiña unha palabra de agarimo para os nenos que pasaban polas beiras do seu lar. A Xoana tiña prontas unha mazá ou unha pera para eles cando por alí ían co gado ao monte ou voltaban de algún mandado.
Esta é unha casa de aldea tradicional. Modesta, aínda no ámbito rural en que foi construída.
Conta Camilo de Ramil, que os seus avós colaboraron na sua construción.
A pedra para a súa feitura veu das pedreiras do monte de riba, cargada
nun carro de bois cando a estrada actual aínda non estaba feita.
No baldío que fica en fronte da casa, facíase antes a festa de Ramil, tamén chamada a Festa da Cabra, ao redor do cruceiro que logo foi trasladado para diante da Igrexa de San Martiño. Din que os bois chegaban onda o cruceiro e daban eles sós a volta despois de seren liberados do peso da pedra, para voltar a cargar máis no monte.
No baldío que fica en fronte da casa, facíase antes a festa de Ramil, tamén chamada a Festa da Cabra, ao redor do cruceiro que logo foi trasladado para diante da Igrexa de San Martiño. Din que os bois chegaban onda o cruceiro e daban eles sós a volta despois de seren liberados do peso da pedra, para voltar a cargar máis no monte.
Manuela
viña coas ovellas, cando xa a casa non estaba habitada e, mentras as
coidaba, lavaba roupa no rego que corría polo medio da leira. Encontramos a pedra de lavar, cando liberamos a antiga terra de labor dos toxos e xestas que a escondían.
Despois da Xoana, aínda ficou vivindo na casa o seu fillo Xosé,
que voltou de Cuba para onde emigrara. Non triunfaran todos os
emigrantes. Moitos, como o Xosé, tiveron que voltar para a casa,
morrendo doente no Hospital de Pontevedra
A casa ficou valeira por máis de 40 anos.
A natureza traballou nas terras cubríndoas de toxos, silvas e xestas
máis altas ca un home alto. A Eira ficou cuberta por herbas e terra. A
casa foi abrigada polas silvas, as hedras, e algún carballo que naceu
nos seus muros, camuflándose ante a mirada indiscreta da xente e
conservou a súa estrutura tradicional paralizada no tempo. Aínda había
restos do banco ao pé da lareira e do aparador da cociña cando entramos
por primeira vez. Camilo coidou do hórreo que se estaba vindo abaixo,
cubríndoo, provisoriamente, cunha uralita.
Na restauración procurouse conservar, no posíbel, toda a referencia ao seu pasado de unidade habitacional de autosuficiencia. Todo nela foi feito ao servizo dunha función: a sobrevivencia a partir da propia produción.
As
antigas cortes, son hoxe a sala principal de exposicións e actividades,
mais existe o cortello dos porcos á beira da xanela da cociña, o forno e
a pía onde se picaban os toxos para dar de comer ao cabalo. A corte da besta transformámola en baño , por necesidade. E o fermoso tundal da entrada fálanos dun lugar axeitado para un pequeno carro; o xusto para as necesidades da casa.
Desexamos
que te sintas aquí tan a gusto como nos sentimos nós, so a presenza
protectora da Xoana, xa transformada en fada boa polo transcorrer dos
tempos.
Comentarios
Publicar un comentario