O 13 de novembro recuncamos a Ramil (Agolada) convidados polo proxecto Eira da Xoana . Que que é a Eira da Xoana ? Velaquí o que nos din os seus promotores e artífices: É un proxecto aberto que ten coma obxectivo concienciar e pór en práctica os principios ecoloxistas e socioculturais que defendemos dende ADEGA ( www.adega.gal ) É un lugar de encontro onde toda a xente concienciada e respectuosa co medio natural e cultural galego pode ter cabida, independentemente de que estean asociados ou non á asociación promotora deste proxecto: ADEGA É pois unha aventura colectiva que para facerse realidade precisa: da colaboración de todas e todos de habilidades físicas e intelectuais … de calquera aportación, por pequena que sexa Temos a certeza de que esta UTOPÍA , á que chamamos Eira da Xoana, só será posible coa progresiva entrega e cooperación do pobo galego . Nelo cremos firmemente e de feito, xa tivemos a oportunidade de comprobalo dende o mesmo
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.