Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2016

III POEMAGOSTO. Recuncamos!

Por 3º ano consecutivo OZOCOgz imos acompañar á boa xente de Allariz durante a edición do POEMAGOSTO.

Botade un ollo á programación e non vos perdades os concertos da tarde -noite.

Máis información no facebook: POEMAGOSTO.


Vémonos o 24 e o 25 de setembro en Lalín

Vai rematando o verán e con el as visitas ozoqueiras ao longo deste noso País.

Os días 24 e 25 (sábado e domingo) de setembro, e convidados pola organización da Feira do Vento, imos andar por terras lalinenses.

Deseguido, para ampliar información, transcribimos un artigo do Diario de Pontevedra onde se fai eco deste evento.


A Feira do Vento volve a Lalín con actividades e preto de 40 expositoresO evento levará a cabo o fin de semana da festa das Dores e os postos repartiranse en diferentes rúas da localidade sábado 10 de Setembro de 2016 | Fran Brea | Lalín A Feira do Vento volve a Lalín para complementar a programación das festas das Dores. O evento, que este ano cumpre a súa terceira edición, levará a cabo os días 24 e 25 e contará con diversas actividades e con preto de 40 expositores de creadores e artesáns. Nesta ocasión haberá tamén tres postos gastronómicos rueiros. Un deles estará centrado na comida sa e vegetariana, outro en doces, e non faltará un lugar onde se poderá …

A Romaxe do 2016 nun lugar máxico, no Monte Seixo, a carón da Portalén

Máis un ano e convidados pola marabillosa xente que organiza, ano tras ano, a Romaxe dos Crentes galegos, OZOCOgz acudirá a esta cita especial.

Como todos os anos, os lugares escollidos xunguen o espírito relixioso do evento cos vellos cultos de exaltación precristiáns.

Desta volta imos estar no Monte Seixo, no Concello de Cerdedo (Pontevedra), "nesta telúrica paraxe, tan humana e socialmente representativa da loita pola sobre-vivencia e a súa conservación!", segundo verbas de Xabi Blanco, un dos principais argallantes desta festa - romaxe.

Para quen queirades acudir, deixámosvos aquí as coordenadas para o GPS (en Googlemaps): 42.4731 -8.3831.


Máis información sobre o acto aquí: Romeiros do Alén.

Para rematar fica aquí un artigo de Carlos Reigosa sobre este lugar máxico:

O Monte do Seixo, porta do Alén CALROS SOLLA, xunto cos compoñentes da Asociación Cultural e Ecoloxista “Verbo Xido” e do Grupo de Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca”, descubríronme a min e ao mundo os …