Estamos de noraboa!!!! A nova loxa ozoqueira xa está na rede, botádelle unha ollada. Dúas formas de entrar: Directamente dende o buscador da Internet co enderezo ozocogz-atenda.com ou dende calquera das ligazóns directas dende esta web www.ozocogz.com ou facebook . Na web aparecen perfectamente clasificados os nosos produtos por categorías Poderás ver e facer a combinación que desexes, no caso das camisolas, talle, cor, unidades, etc. E o que é máis importante e a nosa anterior tenda online non permitía, poderás facer o teu pagamento, ademais de por transferencia bancaria ou ingreso no banco, co teu cartón bancario ou conta PayPal. Agardamos sinceramente que sexa do voso agrado.
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.