Chega unha das citas máis agardadas do calendario de OZOCOgz, o 25 de Xullo, o Día da Patria , e con ela o, xa tradicional, FESTIGAL que acada este 2016, nada máis e nada menos que 3 lustros; 15 aniños de troula, cultura e fraternidade arredor desta data tan importante. E como non podía ser doutro xeito, OZOCOgz volveremos estar o 25 co noso stand no espazo de tendas do Festigal, no Campus Sur de Compostela. Trasladamos aquí parte do texto que figura na web oficial do Festigal : O Festigal chega á súa xv edición con Kepa Junkera, Poetarras, Arrhythmia, Falua e Fran Amil. No Festigal 2016 tocarán Kepa Junkera & Sorginak, Poetarras, Arrhythmia, Biribirlocke, Falua, Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, AldaoLado e Fanfarria Taquikardia. Ademais, nesta XV edición, abrirá Esposa, a banda gañadora do concurso Novos Valores, haberá un espectáculo de maxia con Martín Camiña e a charanga Os Campantes da Baña amenizará a festa. fotografía © festi.gal