Os días 8 e 9 de xullo celébrase no concello ourensán de Baltar o II Laroucofest, un festival musical cuxo lema xa resume o espírito da súa organización: En defensa da nosa Serra e o medioambiente. OZOCOgz estaremos o sábado día 9 amosando os noso produtos ozoqueiros por esas terras raianas. Bótalle un ollo ao programa e tamén ao fermoso vídeo promocional. Vídeo entrevista na Cadena SER (preme na imaxe):
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.