Comeza a primavera e xa vai vindo o tempo de patear cos zocos País adiante. O vindeiro 15 de maio, temos previsto estar todo o día no Mercado que co gaio da Festa do Salmón se vai celebrar nesta fermosa vila da Estrada. Para irvos facendo boca, e mentres non estea o programa de actividades oficial, transcribimos aquí unha pequena historia desta festa que vai xa pola súa XLIII edición. A información tomámola literalmente da web da Festa do Salmón . 43 ANOS A Estrada celebra neste ano 2016 a cuadraxésimo terceira edición da Festa do Salmón , cita gastronómica que foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013. A tradición salmoneira no municipio estradense remóntase aos anos da posguerra, época na que os coutos locais de pesca de salmón (naquel entón Couso, Sinde e Ximonde) eran un fervedoiro de afeccionados na percura do denominado “rei do río”. Naqueles anos, a riqueza do río Ulla era tal que centos de salmóns
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.