OZOCOgz comeza a súa xeira de eventos do 2016, e que mellor maneira de facelo que no COCIDO do ORGULLO en Lalín. O vindeiro 5 de marzo, e dende a mañá, poderedes visitarnos no noso stand lalinense Podedes ter máis información na seguinte ligazón: COCIDO do ORGULLO © La Voz de Galicia
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.