Tralo éxito acadado na campaña do Apalpador, Papa Noel, Noiteboa ou como cada quen estime, imos prolongar esta campaña para Reis. Emprega sen dubidalo a nosa oferta se queres ter un agasallo do máis orixinal e propio sen custes adicionais. Se resides a 50 ou menos km de distancia do Carballiño aprovéitate de DO CARBALLIÑO A 50 e servirémosche a túa encomenda a domicilio e sen custes polos portes. Bótalle un ollo ás instrucións e comproba se te podes ou non beneficiar desta oferta especial para a Noite de Reis. Non esquezas que o pagamento non o vas facer até non ter o pacote nas túas mans. Poste en contacto con nós, segundo as instrucións, e xa quedamos contigo para o 5 de xaneiro. Entregamos o pacotiño, fasnos entrega do seu custe sen engadidos por portes e... a gozar do Día de Reis!!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.