O Carballiño, 21 de xuño de 2015 Unha vez comprobadas e feita unha media coas puntuacións do xurado composto por as librarías Andel de Vigo, Escolma do Carballiño, Miranda de Bueu, Pedreira de Compostela, Suévia da Coruña e Vagalume de Lalín, xunto coa escritora María Reimóndez, e os escritores Xabier P. Docampo, Antón Riveiro Coello e Pedro Rielo, o relato gañador da 3ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz foi “ ALIVIO ”, de José Manuel Vázquez Lorenzo , quen se presentou ao concurso baixo o seudónimo Mateolesmes . Parabéns ao gañador!!!! A entrega do premio farémola o vindeiro domingo 28 de xuño, a partires das 18:00 horas no Hotel Rústico Aldea Figueiredo, pertencente ao concello ourensán do San Amaro. *** ALIVIO , por Mateolesmes (José Manuel Vázquez Lorenzo) Á tía Carme, que nunca fora máis aló de Noia nin pasara de Padrón, xamais se lle borrou do sentido aquela viaxe, inesquecible por interminable, que fixo a Vigo para despedir ao seu home, qu
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.