Para as mamás reivindicativas, "enrrolladas", xenerosas, combatentes... as camisolas da colección "Éche o Normal". Á venda online (tendas en facebook ou aquí mesmo ) ou en calquera das tendas ozoqueiras. Vas agasallar co de sempre e ficar mal, ou prefires ser orixinal? Pénsao, a segunda opción custa só 15€
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.