Como na anterior edición tivo bastante éxito imos repetir este ano a nosa particular Campaña do Nadal e Reis. Se facedes unha encomeda por mensaxe no facebook ou por email (ozocogz@gmail.com) por un valor mínimo de 15 euros, e cumprides coa c ondición de vivirdes ou darnos un enderezo de entrega situado nun radio de 50 Km. como máximo da localidade do Carballiño (as localidades do círculo da imaxe), entregarémosvos o pedido en man durante a mañá do día 24 de decembro para pedidos de Nadal (Apalpador ou Papá Noel) ou durante a mañá do 5 de xaneiro para pedidos de Reis. O agasallo entregarase ben aqueladiño e sen ningún custe adicional para vós, máis que o PVP do produto pedido. Importante!!! Facer a vosa encomenda como tope ata as 20 horas do día 23 de decembro no caso do Nadal ou as 20 horas do 4 de xaneiro no caso de que queiras que o teu agasallo chegue para Reis. Moi boas Festas!!!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.