En OZOCOgz seguimos coa xira de verán. Os próximos destinos son Vilaxoán (Festival Revenidas 2014) e A Capela (EtnoEume III). Premede nas imaxes para ver a información, e non deixedes de pasar a visitarnos!
TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas: lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia... prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política... monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía... música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais... xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora... OBXECTIVO DO XOGO Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego, respondendo atinadamente o maior número de cuestións. DESTINATARIOS/AS DO XOGO TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñeceme